Blogia
oblogcontable

MENSAXE DE BENVIDA: ¿POR QUÉ UN BLOG SOBRE CONTABILIDADE?

Como primeiro artigo, pareceume o máis correcto, ademáis, por suposto, de darvos a benvida e agradecervos esta visita, esperando que non sexa a última, explicar o porqué do mesmo.

Como xa sabedes, o novo PXC xa está en vigor. O novo PXC, ou mellor, o PXC-07 (ou 08?), tanto para os que nos adicamos o ensino, como a todos aqueles cuxo traballo, por uns ou outros motivos, xire entorno a contabilidade, supón dous grandes problemas.

O primeiro, lóxicamente é a adaptación dos nosos coñecementos as novas normas de valoración, contas anuais, así como a todo un novo léxico. Problema fácil de solventar de existir bibliografía suficiente sobre o PXC-07.

 

O segundo, e este si é realmente preocupante, é a falta de bibliografía suficiente para o estudo do mesmo, sobre todo para a resolución de dudas puntuais. Pois ben, con esta finalidade é ca que nace, moi modestamente, por suposte, este blog.

 

Esperando que a alguén lle sexa de utilidade, escomenzando, como non, por tí, douche por anticipado a grazas, e, por suposto, esperando a túa colaboración.

GRAZAS POLA TÚA VISITA

1 comentario

Manuel López -

Enhoraboa polo novo Blog.